HUELGA GALICIA¡¡¡40 coches en caravana para denunciar a discriminación laboral do persoal de Xustiza

0
122
RedacciónPor Redacción 

Caravana de vehículos para reclamar o incremento salarial para o persoal da Xustiza

© Sindicatos de Xustiza

Catro decenas de vehículos adornados con globos percorreron este mércores o centro de Pontevedrareivindicando unha subida salarial para o persoal de Xustiza. Trátase dun novo acto dentro das iniciativas que o comité de folga está a levar a cabo dentro deste conflito que se iniciaba o 7 de febreiro e que leva camiño de cumprir os dous meses de duración.

Os traballadores seguen denunciando prepotencia por parte da Xunta de Galicia durante a negociación e manteñen a súa oposición á discriminación laboral que consideran que están a sufrir respecto doutras comunidades.

Segundo os sindicatos, o seguimento durante a xornada deste mércores alcanzou o 86% na provincia. Pola súa banda, a Xunta rebaixa esa cifra ata o 37,29%.

Para este xoves 5, a partir das 11.30 horas, o comité de folga convocou unha concentración na praza da Peregrina. Neste novo acto de protesta, os participantes levarán caretas de Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, nas que constará a palabra “mentireiro”. Teñen previsto portar candeas e vestimentas rechamantes.

ACCEDE AL VÍDEO Y GALERÍA DE FOTOGRAFÍAS

RTVE ACCEDE INFORMATIVO

Deja un comentario